Dúas persoas feridas nun accidente en Salto, Vimianzo


Dúas persoas tiveron que ser trasladadas á última hora deste xoves ao hospital Virxe da Xunqueira de Cee tras unha colisión múltiple por alcance entre tres vehículos. O suceso produciuse na AC-552 á altura de Salto, en Vimianzo, nas inmediacións da rotonda que da acceso á autovía AG-55. Ao lugar acudiron de inmediato a Policía Local, A Garda Civil de Tráfico, Protección Civil, dúas Ambulancias do 061, así como os Bombeiros de Cee.