Dúas persoas feridas nunha saída de vía en Vilarmide, Muxía

1 minutes read

Dúas persoas resultaron feridas leves na tarde deste domingo tras saírse da vía co seu turismo no lugar de Vilarmide no Concello de Muxía. O vehículo circulaba en dirección a Cee, cando por causas que se investigan saíuse da estrada pola súa marxe dereita impactando contra un muro de pedra. Como consecuencia do choque, o condutor do turismo e unha acompañante resultaron feridos leves, sendo evacuados por efectivos do 061 ao Hospital Vixe da Xunqueira de Cee, para a súa avaliación en profundidade. Ao lugar acudiron os Bombeiros da Costa da Morte, o 061, Protección Civil de Muxía e a Garda Civil de Tráfico.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?