No coche sinistrado viaxaban cinco ocupantes, aínda que só dous tiveron que ser atendidos no punto polos servizos sanitarios. Un particular chamou ao 112 Galicia a fin de informar do acontecido: un coche acababa de envorcar lateralmente no quilómetro 569 da A-6, á altura de Betanzos e en sentido A Coruña.
Nada máis ter constancia do accidente, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias informaron ao persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Betanzos, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local, aos voluntarios de Protección Civil do municipio e aos operarios de mantemento da autovía.
Unha vez no lugar, os Bombeiros comprobaron que non era necesario excarcerar a ninguén, pero os servizos de emerxencias axudaron a saír ao exterior aos cinco implicados. Finalmente, dous deles recibiron asistencia sanitaria no punto.