Dúas persoas necesitaron asistencia médica en Valga tras ser atropeladas por un tractor no interior dun alpendre. Os feitos sucederon no lugar do Carballiño, na parroquia de Xanza.
O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 que, debido á gravidade das feridas que presentaban as persoas atropeladas, mobilizou un helicóptero medicalizado ata unha zona próxima ao lugar do atropelo, aínda que, finalmente, as dúas persoas feridas foron trasladadas en ambulancia a un centro hospitalario.
Cómpre salientar que, para prestar apoio ao equipo médico, desde o CIAE 112 Galicia púxose a situación en coñecemento da Garda Civil, da Policía Local, dos Bombeiros do Salnés, do GES de Padrón e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Valga.