O adulto presentaba feridas de consideración, o menor non parecía revestir gravidade.
Debido ás feridas que presentaba o adulto, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia derivou ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela, que tomou terra no lugar dos feitos.
Sucedeu no lugar de Outeiro, quilómetro 18, en Agualada.
Tras recibir o aviso dun particular, ao fío das 19:30 horas deste martes, o 112 Galicia informou do accidente ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil de Tráfico, ao GES de Ponteceso e aos efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade. Igualmente foron informados os Bombeiros de Bergantiños.
Finalmente, segundo a información recibida no 112 Galicia, o helicóptero medicalizado trasladou ao ferido adulto, o menor foi trasladado ao hospital nunha ambulancia tamén do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.