Dúas persoas feridas, unha delas excarcerada, tras colisionar dous coches na Baña

Imaxe de arquivo bombeiros de Santa Comba nun operativo

Os Bombeiros de Santa Comba interviñeron para excarcerar a unha muller que, posteriormente, foi trasladada a un centro hospitalario. Ademais, outra persoa implicada no sinistro tivo que ser tamén evacuada polos servizos sanitarios. O accidente produciuse na AC-546, no punto quilométrico 4. O 112 Galicia recibiu a alerta da colisión a través dunha persoa particular, segundo indicaba, había feridos e atrapados por mor do impacto entre os dous vehículos. Acto seguido, desde o 112 Galicia púxose a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Santa Comba, da Garda Civil de Tráfico e do servizo de mantemento da vía de circulación.

Related posts

Santa Comba, Negreira, Narón, Santiago, Carnota, Cedeira e Noia acollen a Copa 5×5 de Balonmán na Rúa

Presentada en Tordoia a segunda edición da Carreira Camiño da Vía Verde

Charla sobre a soidade non desexada no centro residencial de Arteixo