Dúas persoas feridas, unha delas excarcerada, tras un accidente entre dúas furgonetas en Dumbría

1 minutes read

Segundo a información recompilada, a persoa excarcerada era o único ocupante do seu vehículo. No outro furgón viaxaba outra persoa, que tamén resultou ferida e foi trasladada ao centro hospitalario de referencia.

O 112 Galicia tivo constancia do suceso ás 07:15 horas, tras recibir un aviso do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, no que se indicaba que se producira unha colisión entre dúas furgonetas na DP-3404, no quilómetro aproximado 21, ao seu paso pola parroquia de Olveiroa.

De inmediato, desde o 112 Galicia informouse aos Bombeiros de Cee, aos axentes da Garda Civil de Tráfico e aos efectivos de Protección Civil.

Segundo indicaron os Bombeiros, foi necesario empregar material de excarceración para liberar ao condutor dun dos vehículos implicados.