Dúas persoas feridas, unha delas excarcerada, tras un accidente entre dúas furgonetas en Dumbría

Foto do sinistro.- Bombeiros de Cee.

Segundo a información recompilada, a persoa excarcerada era o único ocupante do seu vehículo. No outro furgón viaxaba outra persoa, que tamén resultou ferida e foi trasladada ao centro hospitalario de referencia.

O 112 Galicia tivo constancia do suceso ás 07:15 horas, tras recibir un aviso do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, no que se indicaba que se producira unha colisión entre dúas furgonetas na DP-3404, no quilómetro aproximado 21, ao seu paso pola parroquia de Olveiroa.

De inmediato, desde o 112 Galicia informouse aos Bombeiros de Cee, aos axentes da Garda Civil de Tráfico e aos efectivos de Protección Civil.

Segundo indicaron os Bombeiros, foi necesario empregar material de excarceración para liberar ao condutor dun dos vehículos implicados.

Related posts

Entregados na Laracha os premios da terceira edición do programa ‘Agasalla comercio local, ren premio’

A Biblioteca Rego da Balsa de Carballo volve abrir o seu Curruncho Pop

USO alerta do agravamento do desemprego na Costa da Morte: máis de 5.000 persoas no paro