Dúas persoas foron excarceradas do seu vehículo ao chocar contra outro en Santiago

0 minutes read

Dúas persoas dun mesmo vehículo tiveron que ser excarceradas despois de que o seu coche batera con outro turismo e acabara envorcado na Rúa do Tambre, en Santiago.

Os feitos aconteceron sobre as 11 da noite deste pasado luns, cando alguén deu a voz de alarma ao 112 informando dunha colisión frontal entre dous turismos. Os dous ocupantes feridos tiveron que recibir asistencia médica.

No lugar do accidente atopábase un equipo do 061-Urxencias Sanitarias que se encargou do traslado dos dous feridos ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS).