0
Só houbo un único coche implicado.
O accidente aconteceu uns 20 minutos antes das 9:00 horas deste xoves. Segundo a información recollida polo 112 Galicia, un turismo saírase da vía e quedara envorcado, nunha rotonda da avenida do Cruceiro da Coruña. Había dúas persoas dentro do coche sen poder saír ao exterior.
Rapidamente, os xestores do 112 Galicia compartiron a información co Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, cos Bombeiros de Santiago e coa Policía Local.
Unha vez no punto, a dotación de bombeiros conseguiu liberar aos implicados logo de usar o material de excarceración. Os dous feridos tiveron que ser trasladados ata o hospital polo persoal sanitario.