Dúas persoas intoxicadas polo fume dun vehículo que deixaron acendido nun garaxe en Cambre

Dúas persoas de idade avanzada necesitaron asistencia ao presentar síntomas de intoxicación por inhalación de fume tras deixar, sen darse conta, un vehículo acendido no interior do garaxe dunha casa en Cambre.

Segundo a información recollida no 112 Galicia, as dúas persoas afectadas tiveron que ser trasladadas a un centro médico polos servizos sanitarios desprazados á vivenda.

Os feitos sucederon no lugar do Corgo, na parroquia de Breixo. Así, o 112 Galicia recibía a alerta da situación destas persoas a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Nada máis recibir o aviso, desde o CIAE 112 Galicia solicitouse tamén a intervención da Policía Local e da Garda Civil.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha