Dúas persoas intoxicadas por inhalación de fume tras un incendio nun piso en Arteixo

1 minutes read

As dúas persoas afectadas foron evacuadas ao centro de saúde da localidade. En canto aos danos materiais, ardeu a campá extractora e o mobiliario da cociña. Por mor da elevada temperatura, caeron os azulexos das paredes e tamén desprendeuse o teito da estancia. Ademais, o fume estendeuse por toda a vivenda. Os feitos sucederon na Avenida do Alcalde Manuel Platas Varela, ás 12:00 horas deste sábado. Unha das persoas que estaba no piso afectado alertou ao 112 Galicia, nese momento, do incendio. Axiña, desde o 112 Galicia solicitouse a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Arteixo, do Servizo Municipal de Protección Civil, da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade e da Policía Local.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?