Dúas persoas necesitaron asistencia médica tras un accidente múltiple en Carballo

0 minutes read

Dúas persoas necesitaron asistencia médica en Carballo despois de que colidisen por alcance tres turismos na AC-552, á altura do lugar da Rega.

Os feitos producíronse ás 16:30 horas deste martes. Foi nese momento cando unha persoa particular alertaba ao 112 Galicia do sinistro.

Acto seguido, o persoal do CIAE 112 Galicia pasou o aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local, aos Bombeiros de Carballo, a Protección Civil e ao servizo de mantemento da vía de circulación.