Dúas persoas perden a vida, unha atropelada en Mugardos e un motorista en Carral

Accidente de moto_Arquivo.

Unha persoa faleceu tras sufrir un atropelo en Mugardos. Ata o lugar desprazouse persoal dos servizos sanitarios, o GES de Mugardos e a Garda Civil, segundo indicou o 112 Galicia, pero nada puideron facer por salvarlle a vida á vítima.

Ademais, na mañá deste sábado, un motorista faleceu despois de colisionar contra unha furgoneta no punto quilométrico 16 da estrada N-550, ao seu paso polo concello coruñés de Carral.

Pasadas as once e media da mañá, un particular poñíase en contacto co 112 Galicia para informar dunha colisión entre un coche e unha furgoneta. Segundo sinalaba, tanto a persoa que ía na furgoneta como o motorista, estaban feridos de consideración.

Inmediatamente, dende o CIAE-112 Galicia deuse aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia – 061, á Garda Civil de Tráfico, aos Bombeiros de Arteixo e a Protección Civil de Carral.

Xa no punto, os servizos sanitarios non puideron máis que confirmar o falecemento do motorista. Ademais, os bombeiros tiveron que excarcerar á condutora da furgoneta que, tras ser liberada, foi trasladada ao hospital.

O 112 Galicia requiriu a intervención do servizo de mantemento de estradas para restablecer as condicións de seguridade da vía.