Dúas persoas rescatadas en helicóptero tras afundirse a súa embarcación en Corcubión

Imagen de archivo del Pesca 1_Guardacostas de Galicia

O Servizo de Gardacostas de Galicia alertaba ao 112, pouco antes das 22 horas deste xoves, da mobilización do helicóptero de rescate Pesca I a petición de Salvamento Marítimo de Fisterra. A súa embarcación non retornara ao porto de Camariñas. Ademais, un familiar das persoas desaparecidas se puxera en contacto coa Garda Civil ao non saber nada delas dende a mañá.

Os dous tripulantes saíran da zona de Lobeiras e os seus achegados non volveran saber deles. O helicóptero de rescate os localizou nunha zona rochosa da Illa Chica, no pequeno arquipélago de Illas Lobeiras, en plena ría de Corcubión. Os dous ocupantes rescatados, aparentemente en bo estado de saúde, foron trasladados en primeiro lugar ao aeroporto de Vigo e finalmente ao Hospital Álvaro Cunqueiro para recibir asistencia sanitaria. Segundo a propia versión dos protagonistas, a embarcación envorcara e, probablemente aínda que non o sabían a ciencia certa, afundira.

Un buque de Salvamento que estivo explorando a zona non tivo éxito á hora de atopar a embarcación. Por precaución, Salvamento Marítimo de Fisterra non deu por pechada a operación e tiña previsto mobilizar novos medios coa primeira luz do sol para tentar localizar a embarcación, e retirala en caso de que puidera supoñer algún risco para a navegación. Para este operativo tamén foron informados os efectivos de Protección Civil de Corcubión e Camariñas.