Dúas persoas resultan feridas ao precipitarse co seu vehículo dende o parador de Baiona

Imaxe do parador de Baiona_Fonte: https://www.parador.es/

Dúas persoas resultaron feridas este mércores despois de que o turismo no que circulaban caese desde a muralla do parador de Baiona cara o paseo da praia. Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, as dúas persoas que viaxaban no coche foron trasladadas ao Hospital Álvaro Cunqueiro.

Os feitos sucederon ao fío das 15:50 horas e foi un particular quen alertaba do incidente.

O persoal do CIAE 112 Galicia puxo a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Policía Local, do GES do Val Miñor e da Policía Local.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha