Dúas persoas resultaron feridas despois de colidir sete vehículos en Culleredo

Garda Civil controlando o tráfico nunha estrada

Esta colisión múltiple produciuse no punto quilométrico 5 da AP-9, en sentido a Santiago de Compostela. Por mor do accidente, producíronse retencións no lugar dos feitos.

Uns minutos despois das 14:00 horas deste martes, o 112 Galicia recibía a alerta do choque múltiple a través dunha persoa particular.

Acto seguido, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local e ao servizo de mantemento da vía de circulación.

Segundo accidente en Culleredo
Tamén produciuse outro accidente no mesmo punto quilométrico da autoestrada e á mesma hora, desta vez en sentido A Coruña.

Neste sinistro víronse implicados dous vehículos, segundo informou ao 112 Galicia a Garda Civil de Tráfico. Houbo unha persoa ferida.

Nada máis recibir o aviso do accidente, desde o 112 Galicia púxose a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local e de mantemento da autoestrada.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha