Dúas persoas resultaron feridas nunha saída de vía en Coristanco

1 minutes read

No mediodía deste venres producíase outro sinistro no termo municipal á altura de Montecelo, con dous turismos implicados. Un choque múltiple con danos tamén acontecía en Carballo uns minutos antes, na confluencia das rúas Concepción Arenal e Valle Inclán, con tres turismos implicados.

Un particular contactou co 112 Galicia dez minutos despois das 23:30 horas deste xoves e explicou o que aconteceu: o vehículo accidentouse na recta que conduce de Coristanco a Agualada e, xa desde o primeiro momento, o alertador indicou que dúas persoas que viaxaban no seu interior precisaban asistencia sanitaria. Minutos máis tarde, ambas foron evacuadas en ambulancia polo persoal sanitario. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo para o que se solicitou a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, do GES de Ponteceso, da Garda Civil de Tráfico e dos voluntarios de Protección Civil de Coristanco.