0
Na súa chamada ao 112 Galicia, o alertador indicou que o vehículo implicado no accidente era unha ambulancia.
Tratouse dun dobre atropelo na Avenida San Cristóbal, en sentido a Alfonso Molina, na Coruña, pasadas as dez desta mañá.
Para atender ás persoas feridas, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia solicitaron a intervención dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que xa tiñan coñecemento do suceso e enviaban unha dotación. Tamén foron informados os axentes da Policía Local.
Unha hora máis tarde, en Sada, rexistrouse outro atropelo na Rúa Alcalde Fernández Pita.
Igualmente, neste caso, avisouse ao equipo sanitario e aos axentes de seguridade local.