Dúas persoas trasladadas en Malpica ao intoxicarse polo defectuoso estado dun quentador

Dúas persoas precisaron asistencia médica este domingo en Malpica ao intoxicarse nunha vivenda co monóxido de carbono procedente dun quentador en mal estado. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, as dúas persoas intoxicadas foron trasladadas ao Hospital da Coruña.

Os feitos sucederon no lugar de Seaia, ao fío das 14:25 horas. Nese momento, Urxencias Sanitarias de Galicia-061 alertaban do ocorrido ao 112 Galicia.

Decontado, os xestores do CIAE 112 Galicia puxeron a situación en coñecemento dos Bombeiros de Bergantiños, do GES de Ponteceso, da Garda Civil e de Protección Civil.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha