Dúas persoas trasladadas tras producirse un incendio na súa cociña en Arteixo

1 minutes read

Un incendio, orixinado nunha tixola esquecida ao lume, saldouse con dúas persoas evacuadas ao Punto de Atención Continuada (PAC) ao mediodía deste mércores. Os feitos tiveron lugar ás 15:30 horas na Travesía de Pastoriza.

A esa hora, un veciño contactou co 112 Galicia para informar da situación. Segundo o seu relato, víase saír un fume negro do interior dunha das vivendas dun edificio e persoas no seu interior que trataban de apagar as lapas coa axuda dun extintor.

De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia puxeron os feitos en coñecemento dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e dos Bombeiros de Arteixo.

Unha vez no lugar, os equipos de emerxencia controlaron o incendio e confirmaron que o lume afectou á campá extractora da cociña e tamén a algúns mobles e utensilios. Nun principio, as persoas afectadas foron atendidas no lugar polo equipo médico, pero, ao rematar a intervención, o persoal sanitario informou aos xestores do 112 que, finalmente, optaron por evacuar a dúas persoas ao PAC da localidade.

Desde o 112 Galicia avisouse tamén aos axentes da Garda Civil, da Policía Local e aos membros de Protección Civil do municipio.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?