Dúas rapazas emprendedoras de Muxía, participantes no proxecto audiovisual ‘O rural de todas’

1 minutes read
  • O propósito deste documental da Deputación da Coruña é amosar a historia da vida das mulleres do rural, particularmente do rural muxián

Rocío Louzán Sambad e Sandra Paz Lema, dúas mulleres emprendedoras do concello de Muxía, foron as protagonistas do fragmento rodado na mesma localidade do proxecto audiovisual ‘O rural de todas’, impulsado pola Deputación Provincial da Coruña. Ambas amosáronse «tremendamente ledas por ter a honra de ser dúas das protagonistas deste proxecto tan especial», sinalaron.

Rocío é a propietaria dunha empresa de maquinaria agrícola, que adica toda a súa actividade no rural de Muxía. «Traballo onde nacín e me criei, para min é algo normal pero resulta interesante que se traballe en proxectos como este, pois significa moito na carreira na busca da igualdade», sinala unha das protagonistas.

Pola súa banda, Sandra Paz ten varias casas rehabilitadas para o Turismo Rural e unha granxa de cría porcina, adicando a súa vida laboral a estes dous fins. Paz destacou que esta experiencia é fundamental para «rachar cos estereotipos de xénero desde a infancia».

O propósito deste documental é amosar a historia da vida das mulleres do rural e, particularmente do rural muxián, sendo un proxecto interxeracional e colaborativo.

Sandra Paz nas instalación da súa granxa_Cedida