O defensor central do Calvo Xiria, Fran Rey, renova unha tempada máis no clube. Despois do protagonismo acadado esta tempada ao mando da defensa, na vindeira tempada seguiremos vendo como o seu traballo se transforma nunha mellora continua.
Fran comentaba: «Estou moi contento por seguir outro ano máis no equipo e desexando voltar á pista coa afección animando. Pese a este peculiar final de tempada, esta que entra afróntase con ganas de seguir traballando duro e motivados para acadar o tan ansiado obxectivo que este clube merece.»
Diego Vega
Nova incorporación ao Calvo Xiria para o extremo dereito. Diego formouse nas categorías base do O.A.R. Coruña e despois pasou polo Bm. Culleredo en primeira autonómica.
O coruñés cóntanos que: «Estou moi ilusionado e agradecido ao Balonmán Xiria por esta oportunidade. Vou traballar duro tanto para aprender e mellorar como para axudar e aportar ao equipo e acadar os obxectivos.
Edu Cousillas
O xoven coruñés renova unha tempada máis no Calvo Xiria para seguir aportando goles desde o extremo dereito. O zurdo chegou a pasada tempada e adaptouse moi ben tanto ao estilo de xogo como dentro do grupo.
Segundo as súas palabras: «Esta tempada estiven moi ben no club e foi unha pena o que ocorreu.A tempada que ven hai que esforzarse ó maximo e seguro que conseguimos o obxectivo coa axuda de todos.»