Dúbidas sobre a investigación da orixe do coronavirus en Wuhan

Estados Unidos e outros trece países expresaron a súa «preocupación» polo informe publicado pola Organización Mundial da Saúde (OMS) sobre a orixe da COVID-19. Pediron máis transparencia nas próximas fases do estudo. «Non foron transparentes, non proporcionaron os datos subxacentes. Iso, desde logo, non se pode cualificar de cooperación», criticou a secretaria de prensa da Casa Branca Jen Psaki. O equipo responsable do estudo subliña que se trata só dun comezo, e pide paciencia mentres segue chegando moita información. O informe considera «probable» que o virus se propagase aos humanos desde os morcegos a través doutro animal hóspede, que a teoría de que o coronavirus procedese dun laboratorio de Wuhan, era «altamente improbable». E que o virus podería propagarse antes do brote nun mercado húmido de Wuhan.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha