Ducias de gandeiros volven protestar ante a Subdelegación do Goberno en Lugo

2 minutes read

Os gandeiros de Ternera Gallega Suprema manteñen as protestas. Tras conseguir o compromiso da Xunta de novas axudas, centran as mobilizacións ante a Subdelegación do Goberno en Lugo. Acusan o goberno central de discriminar Galicia na repartición das axudas pola seca e de non vixiar como é debido o cumprimento da Lei da cadea alimentaria.

Os produtores de Terneira Suprema piden ao Goberno central que recapacite e non discrimine a Galicia no reparto das axudas pola seca. Consideran inxusto que só vaian recibir o 25 por cento do que se vai pagar noutras comunidades españolas.

Santiago Rego, presidente da asociación de criadores de Suprema di que os gandeiros galegos van ser claramente moi perxudicados. “Non o entendenmos porque de feito estamos en plena campaña de ensilado de forraxes e a colleita está moi mermada. Teremos que mercar fora polo que imos ser dobremente penalizados: na prima e cando adquiramos eses cereais”.

Non é a única reclamación que fan ao Goberno central. Santiago Rego, presidente da asociación de criadores de Suprema di que é un pilar básico a reclamación dos cobros por vaca nodriza, que se van quedar en 85 euros e non nos 100 que dixeran dende Madrid. Reclamamos unha vez máis que se cumpra a lei da cadea alimentaria, por non falar xa nova PAC que vai supor a descapitalización das explotacións, incrementando as esixencias para cobrar os ecorexímes.

Os produtores conseguiron o luns o compromiso da Xunta para cobrar unha axuda directa por quilo de carne certificada. Aínda así, din que a situación é moi complicada ante a presión de prezos que exercen os matadoiros.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?