Ducias de pais séntense estafados polo xestor dunha excursión de fin de curso

1 minutes read

Un nutrido número de pais e nais de alumnos e alumnas de varios centros de ensino secundario da comarca presentáronse este mércores no posto da Garda Civil de Carballo coa intención de presentar unha denuncia masiva contra o que consideran unha “estafa” por parte dunha empresa xestora de viaxes de fin de curso á cal lle levan entregados 305 euros por alumno/a como parte dunha viaxe a Palma de Mallorca que, dadas as condicións de mobilidade actuais, non se poderá levar a cabo.

Segundo fontes próximas, os axentes boamente informáronlles de que o modo a seguir para reclamar, podería ser outro. A axencia implicada con sede en Madrid infórmalles que deben pagar a totalidade do importe da excursión, uns 700 euros en total, e aprazar a viaxe a 2021. Os proxenitores non se fían, e ante a incerteza e nesa discrepancia, decidiron acudir ás autoridades para denuncialo.

Cabe destacar que esta mesma semana foilles devolta unha cantidade similar a outros alumnos do IES Parga Pondal de Carballo que tiñan concertado e pagado en parte, desde antes do estado de alarma, unha viaxe a Viena que tamén fóra cancelada.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?