Ducias de rapaces e rapazas do IES de Ponteceso xa poden presumir do seu Carné Xove

1 minutes read

Fernando Rodríguez, da Rede Galega de Dinamización Xuvenil, estivo no centro para impartir un obradoiro sobre información e programas para a xuventude ao alumnado de 3º ESO PDC, no marco do Plan Proxecta “Correspondentes Xuvenís”. Ademais, aproveitou a ocasión para ofrecer o Carné Xove á rapazada que o quixese. Tamén trouxo carnés de alberguista para o alumnado do equipo de convivencia “Tecendo Pontes”, que na primavera viaxará a Madrid para un intercambio co IES Miguel Catalán de Coslada.
A iniciativa foi todo un éxito xa que se fixeron ducias de carnés.
“Correspondentes Xuvenís” é un Plan Proxecta que se desenvolve durante este curso no IES Eduardo Pondal. O seu obxectivo é formar voluntariado entre os alumnos e alumnas participantes para difundir a información entre iguais, de xeito que sexa a propia rapazada quen selecciona e difunde a información que poda ser do seu interese.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?