Dumbría | A estrada DP 2302 sufrirá varias melloras


O pleno da Deputación da Coruña aprobou por unanimidade investir en tres proxectos para a mellora de varias estradas provinciais. A primeira de elas, no concello de Dumbría, permitirá mellorar a DP 2302, que une os núcleos de Hospital e Brens, entre os PK 2+100 e 5+890. Os traballos permitirán ampliar a sección actual dotándoa de dous carrís de circulación con 3 metros de ancho e beiravías de 0,50 metros, e a modificación de catro interseccións, co suavizado de curvas e a execución de carrís de espera e cuñas para facilitar as incorporación e mellorar a visibilidade. Ademais, repoñerase o firme en toda a zona de actuación. O obxectivo desta actuación é mellorar as condicións de seguridade viaria na zona, garantindo a coexistencia de peóns e automóbiles e mellorando a funcionalidade en certos tramos da estrada.