Dumbría anima a celebrar o entroido | Na casa e na cociña

1 minutes read

Xa que este ano, debido á pandemia non haberá desfiles nin comparsas, desde o Concello de Dumbría convídannos a non perder a tradición, facer o disfraz na casa, uns farrapos vellos e un pouco de imaxinación poden ser o mellor disfraz do mundo. E logo, celebrar o entroido na cociña. Un cocidiño, unhas filloas, unhas orellas,….teremos que facer, non?. Desde o Concello de Dumbría anímanvos a que vos disfracedes, a que celebredes o entroido cunhas rosquillas caseiras, a que tiredes de imaxinación, e que lles enviedes algunha imaxe do ben que o sabemos pasar na casa. Podedes compartir as vosas imaxes, empregando o cancelo #EntroidoDumbría2021, ou etiquetándonos.

Natalia ofrece unha sinxela idea para facer un bonito disfrace de pallaso con cousas que podedes ter nas vosas casas.

Marchando unha de filloas…