Dumbría contará con dúas novas paradas de autobús nos servizos que conectan con Cee en horarios de instituto

A Xunta incorpora desde o próximo luns, día 20, dúas novas paradas de autobús nos lugares de Regoelle e As Touzas, en Dumbría, nos servizos que conectan con Cee en horarios de instituto.

Coas novas paradas, a Xunta atende a petición do Concello de Dumbría para mellorar o acceso ao transporte público aos usuarios de ambos os lugares da parroquia de Olveira que estudan ensinanzas non obrigatorias, de formación profesional, que se imparten nos institutos de Cee.

As paradas engádense na liña Muros-Cee no treito entre Olveira e Baíñas, en Vimianzo, polo que non implica un desvío do itinerario dos servizos.

Así, os usuarios contarán cun servizo cara a Cee que sairá de Muros ás 07,15 horas de luns a venres en tempada lectiva e outros de volta con saída de Cee ás 18,10 horas os luns e ás 14,15 horas de martes a venres.

A información relativa aos novos servizos estará dispoñible para a súa consulta na páxina web www.bus.gal.

Related posts

O PSdeG esixe unha ‘reforma integral’ do colexio Labarta Pose de Zas

A Asemblea Aberta do Profesorado do IES Eduardo Pondal de Ponteceso súmase aos «martes en loita»

Adxudicado o proxecto para reducir as infiltracións na rede de saneamento da Laracha