As Oficinas de Rexistro Cl@ve son xa unha realidade para as veciñas e veciños de Dumbría e Muxía, onde este martes quedaron activadas estas novas entidades físicas de rexistro dixital. Materialízase así un dos obxectivos principais do proxecto Concello Dixital, impulsado pola Deputación da Coruña: achegar de forma real é útil a administración electrónica á cidadanía.
Calquera persoa que así o desexe poderá obter de modo presencial e sen desprazarse fóra do seu concello, a identificación Cl@ve necesaria para acceder aos servizos públicos a través da Administración Electrónica, entre se atopan as propias Sedes Electrónicas municipais. A acreditación da identidade faise coa presentación do DNI e un número de teléfono móbil, nacional ou estranxeiro, a onde chegara a mensaxe (SMS) de benvida ao sistema.
Estas novas oficinas súmanse xa ás existentes nos concellos de Abegondo, Boqueixón, Cambre, Curtis, Oroso, Santa Comba, Cariño, Coirós e Vedra, entidades que xa finalizaron, con éxito, o seu proceso de transformación dixital ao abeiro do proxecto impulsado pola Deputación coruñesa.