40
- Sucedeu arredor das once da mañá deste venres
Un home resultou ferido este venres cando se atopaba traballando cunha máquina amasadora. Sucedeu sobre as once da mañá no concello coruñés de Dumbría.
O 112 Galicia informou do suceso aos Bombeiros de Cee pero ao final non tiveron que intervir xa que a vítima se atopaba liberada e accesible. Tamén acudiron ao lugar axentes da Garda Civil e Protección Civil da localidade.