Dumbría | Homenaxe a Marrolas, veciño deportado ao campo de concentración de Mauthausen

1 minutes read


Este domingo 13 de setembro a Asociación para la Recuperación de la Memoria Histórica – ARMH organiza no Ézaro un acto de homenaxe a Manuel Rodríguez Louro, Marrolas, nacido no Ézaro en 1916. Ás 11:00 h, no Edificio Bitácora presentarase o libro «Manuel Rodríguez Louro. Do Monte Pindo a Mauthausen», obra de Francisco Fernández Naval.
Ás 12:00 h, na Casa de Pedra, CIR Monte Pindo, descubrirase unha placa na súa honra.
Manuel era mariñeiro. Na primavera de 1937 fuxiu con outros moitos mozos ao monte Pindo. Escapou por mar e chegou a Bristol no mes de outubro.
De alí é deportado á España republicana, entrando en Cataluña dende Francia.
Despois da derrota das tropas republicanas, cruza a Francia, onde foi mobilizado nos batallóns de traballo do exército francés.
Trala derrota de Francia e a ocupación alemá, foi deportado ao campo de exterminio de Mauthausen.
Faleceu gaseado no castelo de Hartheim o 16 de setembro de 1941.