35
No Concello de Dumbría tivo lugar o acto de homenaxe a Manuel Rodríguez Louro, Marrolas, veciño deportado ao campo de concentración de Mauthausen, que se celebrou na súa vila natal, no Ézaro.
Foi unha mágoa que non puideran entrar todas as persoas que se achegaron á presentación do libro escrito por Francisco Fernández Naval, debido as medidas de seguridade anti-covid. Concello, familiares e a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica, fixérono posible.
Desde agora na Casa de Pedra do Ézaro luce unha placa para recordalo para sempre. Honra e memoria para quen loitou contra o fascismo.