Este importante torneo nacional que se desputará en O Conco os días 11 e 12 de xaneiro de 2020 enfronta os dous primeiros clasificados na primeira volta dos grupos A e B da Superliga 2. Tras a boa acollida da fase final de ascenso á Superliga 1, desputada o pasado mes de abril en Dumbría, tanto a Real Federación Española de Voleibol, coma a Federación Galega de Voleibol, volven confiar en Dumbría para a organización dun evento desta envergadura a nivel nacional.