- Celebrarase o domingo 31 de xullo, na Carballeira de Berdeogas, seguindo os protocolos sanitarios
A nova correu como a pólvora entre a xuventude do concello de Dumbría e arredores. Este ano volverá a celebrarase a Festa da Familia despois de dous anos de parón debido á pandemia provocada pola Covid-19. Así o anunciaba esta fin de semana o Concello de Dumbría, destacando que xa «se está traballando nos preparativos desta xuntanza que para a veciñanza de Dumbría ten un especial significado, este ano aínda máis, se cabe».
A vixésima edición desta festa terá lugar o domingo 31 de xullo na Devesa da Lúa, na Carballeira de Berdeogas, «sempre e cando a evolución da situación sanitaria o permita», afirmaron os responsables da organización nunha reunión mantida esta pasada semana para adaptar o funcionamento deste evento aos protocolos sanitarios e poder controlar aforos e distancias.
Nos últimos anos as familias levaban da casa a súa comida podendo complementala co reparto de churrasco e empanada por parte do Concello. Sen embargo, este ano non será así. Os asistentes poderá seguir levando os seus menús pero desde a Administración local trabállase na alternativa dunha pulpeira.