DXT e Garda Civil inician este luns unha campaña dirixida a usuarios vulnerables

Trátase dunha iniciativa que comeza este luns día 20 e terminará o venres día 24 de maio, enmárcase dentro da Estratexia de Seguridade Viaria 2011-2020, no que se fixou como unha das prioridades a «protección dos usuarios máis vulnerables», co fin de dar resposta a un dos focos de accidentalidade identificados. «Os usuarios en situación de vulnerabilidade son aqueles cidadáns que por diferentes circunstancias, ben polas súas características físicas ou ben polo medio de desprazamento empregado, teñen máis probabilidade de verse implicados nun accidente de tráfico ou de resultar mortos ou feridos como consecuencia do mesmo», explicou a Garda Civil nun comunicado. O concepto tamén inclúe aos peóns en xeral (nenos, adolescentes, novos, adultos, maiores e persoas con mobilidade reducida), así como a ciclistas e motoristas.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha