É probable que recomenden o uso de máscaras a toda a poboación

1 minutes read

O ministro de Sanidade, Salvador Illa, recoñeceu que o Goberno está a barallar a posibilidade de recomendar á poboación o uso de máscaras para saír á rúa, aínda que asegurou que de momento non pode confirmar se se vai a adoptar esta medida. Illa pronunciouse así unha conferencia de prensa telemática na que se lle cuestionou os motivos polos que tanto el como o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, levaban máscaras na súa visita á fábrica de material sanitario Hersill. «O presidente e eu cumprimos co protocolo establecido, aínda que non podo confirmar nada, esta é unha das medidas que imos recomendar», aseverou o ministro de Sanidade, que estivo acompañado pola ministra de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Coordinación, Arancha González Laya. Precisamente, este venres o director do Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias, Fernando Simón, suxeriu a posibilidade de «aprender» de sociedades orientais como a xaponesa, cuxo Goberno, ante brotes de gripe pide aos enfermos que usen máscara, e afacerse a usar «equipos de protección persoal na medida en que estean dispoñibles en grandes cantidades».