Abre o prazo para que os concellos poidan optar aos premios Bandeira Verde de Galicia

1 minutes read

Desde este xoves e ata o vindeiro 30 de maio estará aberto o prazo para que os concellos interesados poidan presentar a través da sede electrónica as súas candidaturas ao galardón Bandeira verde de Galicia, un distintivo creado no ano 2020 co fin de poñer en valor o traballo e a implicación do municipios galegos máis comprometidos co coidado da paisaxe e do patrimonio natural.

O Diario Oficial de Galicia publicou unha nova convocatoria deste premio, que como principal novidade, suporá este ano para as entidades locais galardoadas un mérito adicional aos efectos de obter algunha das subvencións que convocará a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda para financiar actuacións en materia de residuos de competencia municipal.

Deste xeito, os concellos que acrediten ter a bandeira verde no momento en que soliciten axudas para construír ou mellorar puntos limpos fixos, implantar instalacións móbiles deste tipo ou impulsar proxectos de preparación para a reutilización e a reciclaxe de residuos, entre outras liñas de incentivos, recibirán unha puntuación adicional cando se valore o seu expediente.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?