“Écociña no Camiño” chega a Muxía, da man do Centro de Hostalería de Galicia


Trátase dunha iniciativa que busca visibilizar prácticas sustentables da hostalería no Camiño de Santiago e que promove a cociña autóctona e sostible para promocionar a gastronomía propia e os produtos galegos entre peregrinos e turistas.

No acto de presentación, que tivo lugar este martes, estiveron presentes o alcalde de Muxía Iago Toba, así como o delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor. A iniciativa coincide coa plena recuperación do Camiño trala pandemia, coa chegada de máis de 140.000 peregrinos no que vai de ano e as boas expectativas que se abren de cara ao 2022, que tamén será Ano Santo e no que continuará o Xacobeo.

En relación coa Costa da Morte, no pasado verán este destino rexistrou algo máis de 61.000 viaxeiros e 114.000 noites nos establecementos hoteleiros. Con estas cifras esta comarca supera non só os niveis do ano pasado nun 50%, senón tamén os niveis previos á pandemia, cun incremento dun 16% na cifra de viaxeiros aloxados e dun 19% no volume de noites.