31
Ecovidrio puxo en marcha unha nova campaña para concienciar da importancia de reciclar os envases de vidro durante as festas do Nadal, cando se xeran ata o 20% dos residuos anuais deste material. A entidade instalou diante da Praza de Abastos de Lugo unha árbore navideña elaborada con réplicas dos iglús contedores. No acto de presentación participou o delegado territorial de Lugo, Javier Arias, entre outros. Durante toda a xornada houbo un expositor informativo con educadores ambientais e desenvolvéronse varias accións lúdicas arredor da reciclaxe.