Ecuador vive unha onda de coches bombas e motíns carcerarios

1 minutes read

A violencia volve apropiarse de Ecuador a penas semanas despois do asasinato do candidato presidencial, Fernando Villacencio. Polo menos 4 coches bomba e varios motíns en cárceres activaron todas as alarmas no país. O maior motín tivo lugar en Cuenca. Uns 600 policías e militares permanecen desde o mércores fóra da prisión. Tamén houbo un intento de motín nun correccional de menores de Quito, a capital, onde os adolescentes provocaron un incendio no segundo e terceiro piso. Polo momento non se rexistraron vítimas en ningún dos motíns.

As autoridades reportaron polo menos 4 explosións por coche bomba, dúas en Quito e dúas na provincia do Ouro, fronteiriza con Perú; e xa hai 10 detidos. A policía considera que unha banda criminal pode estar detrás do que cualificaron de “actos terroristas”. Ademais, a policía apunta a que podería ser unha resposta ás intervencións que xunto as Forzas Armadas está a realizar nas prisións para desarmar ás bandas criminais.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?