Edición especial do festival “Curtocircuíto” con sedes físicas e online


Curtucircuito reunirá o máis destacado do cinema actual a través dunha rica programación que non só exhibirá películas -tanto de forma presencial como a través de Filmin, sede online do festival-, senón que tamén ofrecerá concertos ou performances. O festival de curtas chega este ano a súa 17º edición e desenvolverase do 3 ao 11 de outubro en diversos escenarios da cidade. Acompañado do deputado de Patrimonio da Deputación da Coruña, Xosé Lois Penas, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, salientou que se presenta ‘unha edición completamente atípica de Curtocicuíto, polas circunstancias que estamos a vivir”, incidindo na necesidade de que as administracións públicas apoien o sector cultural mantendo as súas programacións.