Edith del Valle volve ao desfile de ‘Grandes Deseñadores’ da Mostra de Camariñas

Foto de archivo de una creación de Edith del Valle en la Mostra_Cedida

  • Na súa cuarta edición, a deseñadora galega adiantou que irá un paso máis alá co encaixe

Edith del Valle confirmou este venres a súa participación, por cuarto ano consecutivo, no desfile Grandes Deseñadores da XXXI Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña.

A deseñadora compostelá adiantou que nesta nova colección quixo «ir un paso máis alá, xogando a deconstruír a idea do encaixe tal e como a temos concebida, modificando algúns elementos como son o volume e a manipulación do mesmo». Sen embargo, Del Valle tamén sinalou que o que non vai a mudar será a esencia xa que «integrar o encaixe nas miñas pezas supón dotar dunha maior significación e calidade á prenda».

Edith del Valle é unha das deseñadoras máis queridas polo público, un sentimento que ela tamén comparte coa Mostra, da que di que «non é un simple evento, é un punto de encontro onde todas e cada unha das persoas que a conformamos (deseñadores e deseñadoras, artesáns e artesás, persoas voluntarias, traballadores e traballadoras, etc.) achegamos o mellor de nós mesmos na busca dun sentimento común: o amor e devoción ao noso oficio, cara á artesanía, a nosa cultura e tradición».