Eduardo Parga iniciou a campaña co propósito de ‘dotar a Malpica da estabilidade que merece’

1 minutes read

O presidente dos populares malpicáns, Eduardo Parga, comezou a súa andadura de cara as eleccións do vindeiro 28 de maio cun encontro coa veciñanza de Mens. O acto ateigou o local social da parroquia de veciños e veciñas para escoitar as propostas do Partido Popular e para compartir as súas suxerencias e ideas de mellora para o municipio. Parga Veiga, defendeu ante a veciñanza de Mens “a necesidade de consolidar Malpica como un municipio á vangarda, dotándoa da estabilidade que se merece”. Tamén fixo fincapé na importancia de dotar de máis e mellores servizos no rural a través da implantación de proxectos de mellora nas estradas e nas redes de saneamento e abastecemento.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?