Educación abre este martes o prazo para solicitar as axudas da Xunta para libros de texto


A partir de mañá, e ata o próximo 21 de xuño, estará aberto o prazo para solicitar as axudas da Xunta para os libros de texto e material escolar.

A dotación orzamentaria é de 2,3 millóns de euros. A partida complétase con 5,4 millóns de euros para axudas ás familias na compra de material escolar como dicionarios, cadernos ou pinturas.