A Valedora do Pobo, María Dolores Fernández Galiño, remitiulles un comunicado ao colectivo de pais e nais do colexio carballés Xesús San Luís Romero, que loitan contra os recortes que a Xunta de Galicia lle aplica ao centro.
“A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades aínda non nos remitiu a información requirida en relación coa súa queixa, a pesar de que a demandamos en dúas ocasións urxindo o envío do informe”, afirma a Valedora.
“Ante este feito, lembrámoslle de novo ao citado órgano o seu deber de colaborar ao rápido esclarecemento da situación que se nos expón na queixa. No caso de persistir esta situación procederemos a realizar unha advertencia sobre as súas consecuencias legais”, prosegue e conclúe a Valedora do Pobo no comunicado remitido.