Educación aínda non remitiu a información do San Luís Romero carballés á Valedora do Pobo

Xuntanza de pais e nais do colexio._Arquivo.

A Valedora do Pobo, María Dolores Fernández Galiño, remitiulles un comunicado ao colectivo de pais e nais do colexio carballés Xesús San Luís Romero, que loitan contra os recortes que a Xunta de Galicia lle aplica ao centro.

«A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades aínda non nos remitiu a información requirida en relación coa súa queixa, a pesar de que a demandamos en dúas ocasións urxindo o envío do informe», afirma a Valedora.

«Ante este feito, lembrámoslle de novo ao citado órgano o seu deber de colaborar ao rápido esclarecemento da situación que se nos expón na queixa. No caso de persistir esta situación procederemos a realizar unha advertencia sobre as súas consecuencias legais», prosegue e conclúe a Valedora do Pobo no comunicado remitido.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha