Educación amplía o sistema de aula virtual


O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, avanzou as liñas do plan de ensino virtual. Unha folla de ruta para que todos os centros educativos saiban como actuar en caso dun obrigado confinamento total.

O eixo central deste plan van ser os “horarios espello”, horarios prefixados en que dispensar aulas virtuais. Van ser clases organizadas coas que se pretende garantir a interacción entre os mestres e os alumnos.

O obxectivo é que a educación a distancia sexa o máis parecida posible á presencial e evitar así que a pandemia afecte á calidade da docencia.

A Xunta publicará nos próximos días a resolución para poñer en marcha ese Plan de Ensino virtual ante a covid−19 que supoñerá ampliar os actuais recursos dixitais a todos os centros para facer fronte a ese posible confinamento, ou tamén a casos de peches de aulas por corentenas.