Educación executará 22 obras de rehabilitación integral, entre elas a do CEIP Fogar de Carballo

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional executará este verán un total de 22 obras de rehabilitación integral en centros de ensino das catro provincias galegas ao abeiro dos fondos de superávit, por un importe total de 21,4 millóns de euros. Así o sinalou o secretario xeral técnico, Jesús Oitavén, nunha comparecencia no Parlamento de Galicia na que explicou que isto será posible grazas a que o seu departamento encargou os proxectos destas intervencións no mes de decembro de 2018. Ademais, dado que a execución das obras é necesario o outorgamento das licencias municipais, “os proxectos foron todos remitidos na segunda quincena de abril aos concellos, polo que estimamos que haberá tempo suficiente”, indicou.

Entre esas obras está a reforma integral do CEIP Fogar de Carballo. O proxecto dará comezo no mes de xullo e constará dunha inversión de algo mais de un millón seiscentos mil euros. Cambios de fiestras, persianas, aislamento do tellado e da fachada ou sustitución das luminarias por outras de baixo consumo, figuran entre as melloras.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha